quinta-feira, 29 de outubro de 2009

"LETRAS FALADORAS"...¿DE QUÉ ANDARÁN A FALAR...?. POEMA DA AULA DE 3 ANOS DA E.E.I. A CAPELA.

HOLA ¿QUÉ TAL?... ¡ QUÉ SUSTO !...
¿POR QUÉ TANTA TRISTEZA...? CONVERSA DE NAMORADOS... INTERCAMBIO DE OPINIÓNS... ENFADADAS... FESTA!...

domingo, 25 de outubro de 2009

quinta-feira, 22 de outubro de 2009

O SEGREDO DO TRISKELE NA PORTA MÁXICA

No Barrié de la Maza estamos traballando a nivel de todo primaria o proxecto MAXIA CELTA. Temos un bosque encantado e no medio a nosa porta máxica que nos leva a aula na que viviremos miles de aventuras.

O símbolo do noso proxecto é un Triskele, tres círculos ou tres caracois.
Image Hosted by ImageShack.us

Cando os rapaces e rapazas do colexio de Santiago Oliveira realizaron o seu caligrama do caracol prometínlles que viviría unha aventura magnífica no noso cole e así foi.

Os alumn@s de 4º foron os que recibiron ao caracoliño e realizaron a súa primeira poesía visual completando o noso triskele e este foi o resultado.
1º circulo: Dende Ponteareas ven caracoliño. O Caracoliño vai polo camiño, ten na súa casa queixo pan e viño, o caracoliño segue o seu camiño, lento, despaciño.

2º circulo: Chega ao Barrié cheo de agarimo para completar o noso símbolo, dun mundo máxico e perdido. Fadas e trasnos atopa no camiño.

3º circulo: Con eles vai andando ata o seu destino: a porta máxica dun mundo antigo. E temos o triskele xa rematadiño e caracoliño segue o seu camiño, lento, despaciño.
Image Hosted by ImageShack.us
E ese é o segredo do Triskele.

terça-feira, 20 de outubro de 2009

COMO "VEMOS" OS NOSOS NOMES na Escola de Bamonde. CRA de Teo.








Na Escola de Bamonde estamos a investigar cousiñas dos nosos nomes.

As nosas familias tiveron razóns moi diferentes para escoller os nosos nomes: por cumplir unha promesa, porque lle tocaba escoller a papá ou a mamá, por unha amiga moi especial, porque cando nos viron non podiamos ter outro nome que non fora ese...

Pero.. na rede... atopamos moitos sitios onde se falaba dos significados dos nomes. Quixemos saber que decían do noso. Ás veces din cousas moi raras, pero... o máis raro foi buscar na casa coa axuda da familia: OBXECTOS QUE SIRVAN PARA EXPLICAR O SIGNIFICADO DO NOSO NOME.

Algún papá ou algunha mamá marchaba suando cos deberes da fin de semana, pero... ao final tod@s estamos moi content@s cos resultados.







sexta-feira, 16 de outubro de 2009

O Caligrama do Caracol: clase de 1º do Santiago de Oliveira

Oliñas.

Os da clase de 1º do Ceip Santiago de Oliveira (Ponteareas) estamos facendo un mini proxecto sobre caracois.

E para rematalo, fixemos un pequeno caligrama con forma de espiral, como non podía ser doutro modo...

Tamén vimos este vídeo sobre caligramas:




segunda-feira, 12 de outubro de 2009

Quen non soñou con ter AS? Facemos voar obxectos en 5 anos B. (Aguiño)




Nenas e nenos de 5 anos B poñéndolle AS a obxectos da clase,


Música de voar.



Bote de cristal.
Voando pola cociña.


Vagalumes da horta.