sábado, 5 de dezembro de 2009

Creando segundo a obra de Jorge Barbi. (clase de 1º do Santiago de Oliveira)

Oliñas poetisas e poetas!!!!! dende a clase de 1º do CEIP Santiago de Oliveira de Ponteareas.
O próximo mércores imos ir ó Museo MARCO de Vigo a ver unha exposición do artista galego Jorge Barbi.
E saímos ó patio do colexio para crear, como el fai utilizando os elementos que atopa na natureza e transformándoos en obras de arte.



Asique organizámonos e comezamos a crear, ocorréusenos facer un SOL inmenso, xa que o de verdade non nos acompañou e acó tendes o resultado.



Acó vos queda a presentación de Slide que fixemos con todo o proceso:
http://www.blogoteca.com/somosdafraga/index.php?cod=74980

terça-feira, 1 de dezembro de 2009

quinta-feira, 19 de novembro de 2009

segunda-feira, 16 de novembro de 2009

sábado, 14 de novembro de 2009

quarta-feira, 11 de novembro de 2009

O SOL DOS NEN@S DE 3º DO CEIP BARRIÉ DE LA MAZA-SANTA COMBA.

Que importante é o sol para a vida, e que importante é que haxa un equilibrio na natureza.

O sol é un dos personaxes principais do conto dos nen@s de 3º "O SOL E O OURIZO" e tamén é o protagonista desta preciosa poesía visual.

Disfrutade deste sol a pesar do que está chovendo.

sexta-feira, 6 de novembro de 2009

Árbore de outono. Cando as palabras significan máis dunha cousa.

As nenas e nenos de 3 e 4 anos da aula da profe Rosa do CEIP de Pazos, de Ferrol, fixeron esta árbore de outono, inspirados polo caligrama do caracol das nenas e nenos do Santiago de Oliveira, e os caligramas de Apollinaire, e dentro dun proxecto global no que se traballaron as árbores autóctonos da nosa comarca.

Esperamos que vos guste a nosa caligram-árbore de outono.

quarta-feira, 4 de novembro de 2009

O MONSTRUO DO TEMPO DOS NENOS DE 5ºB DE PRIMARIA-SANTA COMBA


Este é o noso monstruo do tempo.

E... que fai o tempo?













as veces pasa voando...


outras veces vai lento, moi lento...

o tempo cura....

e... o tempo dirá.

Almanaque-caligrama. 5anosB do Ceip de Aguiño, mestra Uxía.

quinta-feira, 29 de outubro de 2009

"LETRAS FALADORAS"...¿DE QUÉ ANDARÁN A FALAR...?. POEMA DA AULA DE 3 ANOS DA E.E.I. A CAPELA.

HOLA ¿QUÉ TAL?... ¡ QUÉ SUSTO !...
¿POR QUÉ TANTA TRISTEZA...? CONVERSA DE NAMORADOS... INTERCAMBIO DE OPINIÓNS... ENFADADAS... FESTA!...

domingo, 25 de outubro de 2009

quinta-feira, 22 de outubro de 2009

O SEGREDO DO TRISKELE NA PORTA MÁXICA

No Barrié de la Maza estamos traballando a nivel de todo primaria o proxecto MAXIA CELTA. Temos un bosque encantado e no medio a nosa porta máxica que nos leva a aula na que viviremos miles de aventuras.

O símbolo do noso proxecto é un Triskele, tres círculos ou tres caracois.
Image Hosted by ImageShack.us

Cando os rapaces e rapazas do colexio de Santiago Oliveira realizaron o seu caligrama do caracol prometínlles que viviría unha aventura magnífica no noso cole e así foi.

Os alumn@s de 4º foron os que recibiron ao caracoliño e realizaron a súa primeira poesía visual completando o noso triskele e este foi o resultado.
1º circulo: Dende Ponteareas ven caracoliño. O Caracoliño vai polo camiño, ten na súa casa queixo pan e viño, o caracoliño segue o seu camiño, lento, despaciño.

2º circulo: Chega ao Barrié cheo de agarimo para completar o noso símbolo, dun mundo máxico e perdido. Fadas e trasnos atopa no camiño.

3º circulo: Con eles vai andando ata o seu destino: a porta máxica dun mundo antigo. E temos o triskele xa rematadiño e caracoliño segue o seu camiño, lento, despaciño.
Image Hosted by ImageShack.us
E ese é o segredo do Triskele.

terça-feira, 20 de outubro de 2009

COMO "VEMOS" OS NOSOS NOMES na Escola de Bamonde. CRA de Teo.








Na Escola de Bamonde estamos a investigar cousiñas dos nosos nomes.

As nosas familias tiveron razóns moi diferentes para escoller os nosos nomes: por cumplir unha promesa, porque lle tocaba escoller a papá ou a mamá, por unha amiga moi especial, porque cando nos viron non podiamos ter outro nome que non fora ese...

Pero.. na rede... atopamos moitos sitios onde se falaba dos significados dos nomes. Quixemos saber que decían do noso. Ás veces din cousas moi raras, pero... o máis raro foi buscar na casa coa axuda da familia: OBXECTOS QUE SIRVAN PARA EXPLICAR O SIGNIFICADO DO NOSO NOME.

Algún papá ou algunha mamá marchaba suando cos deberes da fin de semana, pero... ao final tod@s estamos moi content@s cos resultados.