domingo, 29 de maio de 2011

Colocando as nosas olivas...

Estamos chegando ó final do curso e decidimos expresar o que máis nos gusta ou o que máis nos gustou do que vivimos este ano no cole.
Como o noso cole é Santiago de Oliveira, decidimos facer unhas "olivas xigantes" nas que escribimos os nosos pensamentos positivos sobre o vivido este ano. Polo outro lado pintámolas da cor da oliva e despois baixamos ó patio e de un en un colgámolas na Oliveira que temos no patio do colexio. Acó vos quedan unhas poucas fotos.