quinta-feira, 29 de outubro de 2009
domingo, 25 de outubro de 2009
sábado, 24 de outubro de 2009
quinta-feira, 22 de outubro de 2009
O SEGREDO DO TRISKELE NA PORTA MÁXICA
O símbolo do noso proxecto é un Triskele, tres círculos ou tres caracois.

Cando os rapaces e rapazas do colexio de Santiago Oliveira realizaron o seu caligrama do caracol prometínlles que viviría unha aventura magnífica no noso cole e así foi.
Os alumn@s de 4º foron os que recibiron ao caracoliño e realizaron a súa primeira poesía visual completando o noso triskele e este foi o resultado.
2º circulo: Chega ao Barrié cheo de agarimo para completar o noso símbolo, dun mundo máxico e perdido. Fadas e trasnos atopa no camiño.
3º circulo: Con eles vai andando ata o seu destino: a porta máxica dun mundo antigo. E temos o triskele xa rematadiño e caracoliño segue o seu camiño, lento, despaciño.

E ese é o segredo do Triskele.
terça-feira, 20 de outubro de 2009
COMO "VEMOS" OS NOSOS NOMES na Escola de Bamonde. CRA de Teo.







Na Escola de Bamonde estamos a investigar cousiñas dos nosos nomes.
As nosas familias tiveron razóns moi diferentes para escoller os nosos nomes: por cumplir unha promesa, porque lle tocaba escoller a papá ou a mamá, por unha amiga moi especial, porque cando nos viron non podiamos ter outro nome que non fora ese...
Pero.. na rede... atopamos moitos sitios onde se falaba dos significados dos nomes. Quixemos saber que decían do noso. Ás veces din cousas moi raras, pero... o máis raro foi buscar na casa coa axuda da familia: OBXECTOS QUE SIRVAN PARA EXPLICAR O SIGNIFICADO DO NOSO NOME.
Algún papá ou algunha mamá marchaba suando cos deberes da fin de semana, pero... ao final tod@s estamos moi content@s cos resultados.
sexta-feira, 16 de outubro de 2009
O Caligrama do Caracol: clase de 1º do Santiago de Oliveira
segunda-feira, 12 de outubro de 2009
Subscrever:
Mensagens (Atom)