Eu decíalles: paciencia, xa chegará o momento.
Aquí tedes por fín o aspecto dun deles.
Este é un caderno de Poesía Experimental, de "redeiras" que irán texendo con imaxes, con palabras, con silencios, con complicidade...anaquiños do sentir das nosas nenas e nenos. Proxecto de Normalización e Dinamización Lingüística entre centros.
As nenas e nenos de 5 anos do CEIP de Pazos, de Ferrol, hai algo máis dun mes e para celebrar o Día da Candeloria empezamos a preparar este fermoso traballo, falando do bo que cada un de nós tiñamos e saíron unhas fermosas poesías. Fixémolas entre todos e logo cada un escribiu a súa. Ademáis a profe sacounos unhas fotos, de frente e de perfil coas que fixemos uns divertidos collages. Poesía para os oídos pero tamén poesía para mirar.E aquí tedes o resultado!!!