Mostrar mensagens com a etiqueta caligrama. Mostrar todas as mensagens
Mostrar mensagens com a etiqueta caligrama. Mostrar todas as mensagens

sexta-feira, 6 de novembro de 2009

Árbore de outono. Cando as palabras significan máis dunha cousa.

As nenas e nenos de 3 e 4 anos da aula da profe Rosa do CEIP de Pazos, de Ferrol, fixeron esta árbore de outono, inspirados polo caligrama do caracol das nenas e nenos do Santiago de Oliveira, e os caligramas de Apollinaire, e dentro dun proxecto global no que se traballaron as árbores autóctonos da nosa comarca.

Esperamos que vos guste a nosa caligram-árbore de outono.

sexta-feira, 16 de outubro de 2009

O Caligrama do Caracol: clase de 1º do Santiago de Oliveira

Oliñas.

Os da clase de 1º do Ceip Santiago de Oliveira (Ponteareas) estamos facendo un mini proxecto sobre caracois.

E para rematalo, fixemos un pequeno caligrama con forma de espiral, como non podía ser doutro modo...

Tamén vimos este vídeo sobre caligramas: